sábado, 13 de septiembre de 2014

Espazo Ecosocialista oponse a participación das forzas españolas con base en Ferrol na guerra de Ucraína.

Unha fragata española, a F-102, con base na cidade de Ferrol, participa coa OTAN nuns exercicios militares que España secunda e que non son a mellor maneira de rebaixar a tensión na zona, ás portas mesmo de Rusia, e no marco dun conflito que se está a vivir en Ucraína e no que o que menos se necesita é incrementar a tensión, o armamentismo e as ameazas.
Uns 1.300 soldados, de 15 estados, a maioría da UE, entre eles, España, participan nunhas manobras na cidade ucraniana de Yavoriv entre o 15 e o 26 de Setembro, promovidas polos EE.UU. no marco dun exercicio denominado “Rapid Trident” das forzas estadounidenses en Europa.
Paralelamente a OTAN ben de acordar o seu rearme no Leste de Europa cunha forza de intervención rápida. España e a UE envían armamento á zona de conflito e mesmo doan material militar a Ucraína, demandando ós estados membros o progresivo incremento dos seus respectivos presupostos de defensa en plena crise económica e cando a maioría da poboación sofre as consecuencias dos recortes e das políticas austericidas.
Espazo Ecosocialista oponse a participación de militares españois no conflito ucraíno e nese senso trasladou á eurodeputada de AGE, Lidia Senra, este tema para que sexa formulada unha pregunta na Comisión Europea.

No hay comentarios: