jueves, 11 de septiembre de 2014

CARTA DO SECRETARIO XERAL DO PCG, Carlos Anxo Portomeñe, Á MILITANCIA.

Estimado/a camarada:
O vindeiro sábado 4 de outubro o PCG celebra na cidade de Vigo o seu XIII Congreso.
Un Congreso enmarcado, sen dúbida, nun contexto de emerxencia social e de excepcionalidade democrática. Vivimos tempos complicados, de clara involución democrática e destrucción dos dereitos sociais e políticos acadados con moito esforzo e sacrificio ao longo do século XX, en cuxa conquista xogou un papel protagonista o noso Partido.
As oligarquías financieiras e económicas iniciaron un proceso que deron en chamar a Segunda Transición, e que parte dun gran Pacto de Estado no que xoga un papel fundamental o bipartidismo monárquico e a abdicación do anterior monarca. Están intentando salvar a II Restauración borbónica, o réxime que iniciaron coa sucesión do anterior dictador e que hoxe se atopa nunha profunda crise estrutural que afecta a todos os seus estamentos.
No XIX Congreso do PCE decidimos lanzarlle un órdago ao poder, transmitindo claramente que os/as comunistas non imos aceptar ningún pacto de estado, que o noso compromiso é a ruptura democrática e a disputa do poder ao Sistema.
Por iso o XIX Congreso do PCE aprobou a Alternativa Social e Democrática Anticapitalista (ASDA), que contempla a creación dun bloque social e político que camiñe cara un proceso constituínte no horizonte da III República. Chegou o momento de analizar, discutir e deseñar a alternativa comunista para Galicia.
Debemos ser conscientes de estar vivindo un momento histórico que pode abrir, por primeira vez no nosopaís, un proceso realmente democrático protagonizado polas clases populares. Son tempos difíciles, pero tempos de profundos cambios e de esperanza para o avance dos nosos principios e ideas, para impulsar a unidade de acción das forzas sociais transformadoras e acadar dunha saída social á crise capitalista.
Xa que logo, o XIII Congreso precisa a aportación de toda a nosa intelixencia no intelectual colectivo que é o Partido. Un momento histórico tan decisivo como o actual require da túa implicación, da participación de toda a militancia nun debate que vai marcar o próximo futuro. Son tempos nos que as aportacións e contribucións a ese debate se antollan fundamentais para acertar na estratexia do Partido.
Coa túa ayuda, o XIII Congreso situará ao Partido Comunista de Galicia nas mellores perspectivas para ser o referente da clase traballadora galega. Contaxiemos o orgullo de seren comunistas, o orgullo de pertencer ao Partido Comunista de Galicia.
NO SEGUINTE RECADRO TES AS DATAS DAS ASEMBLEAS COMARCAIS NAS QUE DEBATIREMOS OS DOCUMENTO  E ELEXIREMOS OS DELEGADOS E DELEGADAS PARA O XIII CONGRESO.
COMARCA            DATA ASEMBLEAHORALUGAR
CORUÑA23/09/201420:00SEDE EU
FERROLTERRA22/09/201420:00SEDE EU
COMPOSTELA16/09/201420:00SEDE EU
BARBANZA20/09/201420:00SEDE EU
LUGO23/09/201420:00SEDE EU
OURENSE25/09/201420:00SEDE EU
PONTEVEDRA19/09/201420:00SEDE EU
VIGO24/09/201419:30SEDE EU
AROUSA PENDENTE PENDENTESEDE EU

Recibe un saúdo fraternal e revolucionario,
Carlos Anxo Portomeñe, Secretario Xeral do PCG
Fuente: pcgalicia.org

No hay comentarios: