martes, 2 de septiembre de 2014

O comisario Almunia confirma a Lidia Senra o remate do veto a Navantia.


A eurodeputada de AGE(e) vén de recibir resposta a pregunta formulada á Comisión Europea o pasado mes de xullo no marco da súa actividade parlamentaria, sobre o veto imposto aos estaleiros públicos de Navantia. 

A resposta da Comisión é clarísima, Navantia e o Estado Español a partires do 1 de xaneiro de 2015 xa non estarán vinculados polos compromisos adquiridos no seu día e, polo tanto, a limitación xa non se aplicará. É dicir, o veto será levantado definitivamente o 1 de xaneiro do 2015.

Xa non hai ningunha escusa. A Xunta de Galiza, o Goberno Central e a SEPI deben asumir as súas responsabilidades e comezar desde xa a buscar carga de traballo para Navantia. O momento é o propicio, pois o mercado mundial da construción naval está en alza e en Galiza precisamos urxentemente de postos de traballo.

A recuperación da comarca de Ferrolterra depende da carga de traballo para Navantia e Galiza volvería recuperar un dos seus sectores industriais estratéxicos. Hai moito en xogo. Dende AGE(e) agardamos que agora as administracións galega, estatal e a SEPI estean á altura das circunstancias e poñan os dereitos das persoas por diante dos intereses do capital. 

Fuente: lidiasenra.com

No hay comentarios: