viernes, 25 de abril de 2014

Entrevista Lidia Senra, candidata de Alternativa Galega de Esquerdas ás eleccións europeas.

 A candidata de AGE, Lidia Senra, fixa como o seu grande obxectivo en Europa cambiar as políticas actuais, que -asegura- están ao servizo do gran capital. Nos "Almorzos do Galicia por diante" avogou por impulsar políticas que respondan aos intereses dos cidadáns, que favorezan -dixo- os sectores galegos clave como a pesca, o naval e a agricultura.
Senra garantiu a súa autonomía e soberanía se consegue escano no Parlamento europeo. Defendeu a coalición de Anova e Esquerda Unida para concorrer a estes comicios como necesaria para artellar unha alianza forte na esquerda disposta a afrontar os problemas actuais. Recalcou que se pode manter o ideario nacionalista e traballar con outras organizacións e asegura que estarán abertos no Parlamento a colaborar con outras formacións coas que compartan asuntos comúns.
Lidia Senra, que non milita nin en Anova nin en Esquerda Unida, dixo que agora non lle preocupa ser ou non militante, que o principal é prepararse para a próxima cita do 25 de maio.


Fuente: crtvg.es


No hay comentarios: